< Home | My Drupal
By
administradora
, 19 November 2025

❄️Onte tivemos a sorte de aprender sobre a saude respiratoria dos nosos petises con @aitanafisiopediatrica e grazas ó espazo cedido pola @xuntagalicia.

- Qué son os mocos e por qué aparecen? 😪
- Cales son enfermidades respiratorias mais comúns e como debemos actuar? 🦠
- Qué son os lavados nasais e como facelos? 🤧

Ademáis, as familias asistentes puideron facer unha práctica de lavado nasal co asesoramento de Aitana.

Tags

By
administradora
, 14 July 2025

A tribo Petís toma un pequeno descanso de verán ☀️. Durante estes meses non haberá reunións presenciais nin actividades, pero en setembro volveremos con máis forza, ilusión e ganas de compartir momentos xuntos.

By
administradora
, 19 October 2024

A tribo está de volta! Retomamos as nosas reunións de crianza para compartir experiencias, inquedanzas e moito apoio! A partires da próxima semana, reunirémonos cada martes no acolledor local de Espazo de Momentos. Onde? @espaciodemomentos: Rúa Alfredo García Alen, 6, 36002 Pontevedra. As reunións son abertas a todas as familias que queiran participar. Non é necesario apuntarse previamente, só vir e disfrutar da compañía da nosa comunidade. Esperámosvos con moita ilusión para seguir crecendo xuntos como tribo! 💕

By
administradora
, 24 September 2024

Adiantamos as datas das reunións que temos previstas para o mes de Setembro de 2024. Recordade que as reunións son na Sala Valdecorvos na Casa Azul, no concello de Pontevedra. Esperámosvos con moita ilusión para seguir compartindo experiencias e apoios. Non esquezas que podes vir cos teus petís e que o ambiente é sempre acolledor e seguro.

By
administradora
, 15 July 2024

As reunións da tribo seguen sendo momentos que nos impulsan e motivan para seguir adiante. É xenial que cada mércores, semana a semana desde fai máis dun ano, teñamos a oportunidade de abrazarnos, compartir, emocionarnos, chorar, rir e descubrir outras experiencias de maternidade. Mentres, por suposto, as nosas petises gozan xuntas. Sempre máxicas e sempre sorprendentes. Se ti estas dubidando ou coñeces a nais (ou futuras nais) con ganas de crear rede nun lugar seguro, sempre vos estamos esperando, mamás e petises!

By
administradora
, 1 July 2024

Adiantamos as datas das reunións que temos previstas para o mes de Xullo de 2024. Recordade que as reunións son na Sala Valdecorvos na Casa Azul, no concello de Pontevedra. Estade atentos que co bo tempo seguramente fagamos algunha actividade ao aire libre.

By
administradora
, 29 May 2024

Ola familias! Con este bo tempo apetece xuntarse e desfrutar cas crianzas ao aire libre. Así que vos propoñemos un plan para oeste domingo: un paseo polo río Lerez para abrir o apetito e facer xuntas un picnic na praia fluvial. Punto de encontro: Praza da Ferrería, 12:00h. Cada familia trae o seu picnic e compartimos experiencias e risas. Non esquezas traer protector solar, gorras e moita auga! 🌞💧

By
administradora
, 8 April 2024

Desde Petís queremos amosar o noso agradecemento máis fonda a Uxía Miranda e a todo o equipo de El Faro Educa, por poñer voz e mirada á nosa tribu na súa reportaxe. Para nós, que loitamos cada semana por tecer redes de apoio, ver reflectida a nosa realidade e a importancia de criarmos xuntas é un regalo enorme. Grazas por achegar o noso labor a tantas familias que, quizais, hoxe se dean conta de que non están soas. Seguiremos a criar, a acompañar e a escoitar, porque cada crianza merece unha tribu e cada nai merece sentirse arroupada. Grazas de corazón, Uxía e El Faro Educa.

By
administradora
, 21 March 2024

Adiantamos as datas das reunións que temos previstas para o mes de Maio de 2024. Recordade que as reunións son na Sala Valdecorvos na Casa Azul, no concello de Pontevedra. En cor verde as reunións de mañá de 10:30 a 12:30 e en cor vermella as reunións de tarde de 17:00 a 19:00 horas. Esperámosvos con moita ilusión para seguir compartindo experiencias e apoios neste mes de maio tan especial! 🌸

By
administradora
, 21 March 2024

Adiantamos as datas das reunións que temos previstas para o mes de Xuño de 2024. Recordade que as reunións son na Sala Valdecorvos na Casa Azul, no concello de Pontevedra. En cor verde as reunións de mañá de 10:30 a 12:30 e en cor vermella as reunións de tarde de 17:00 a 19:00 horas. Esperámosvos con moita ilusión para seguir compartindo experiencias e apoios neste mes de xuño tan especial! 🌞